lunes, 30 de noviembre de 2015

BATIDO DE FROITA

A semana pasada fixemos a primeira receita dentro do Proxecto Gastronómico planeado para este curso. A cociña aínda estaba sen rematar, así que decidimos facelo igual pero na clase. Elaboramos dous batidos, un de plátano e outro de mazá, estaban boísimos, e como era líquido non puidemos levar un anaco a casa para que o probarades, pero en todas as receitas que poidamos levaremos a mostra, esperamos que vos guste!!!
hipocampillo's BATIDO album on Photobucket




Receita batido de froitas: 
 - Froita a escoller 
 - Leite 
- Azucre 

Preparación: Cortamos a froita en anacos pequenos, introducímola no vaso do batidora, engadimos leite ata que cubramos a froita e dúas culleres de azucre. Batimos todo e servimos.