miércoles, 29 de marzo de 2017

Lambetadas de Entroido

Rosquillas, chulas, filloas...son algunhas das receitas coas que o noso alumnado se atreveu a experimentar na aula de cociña durante as datas do Entroido. Presentamosvolas neste caderno. Bo proveito!

sábado, 25 de febrero de 2017

CHULAS DE CABAZA (5º E.I.)


A nosa receita do entroido foi estas riquísimas chulas de cabaza co principio ninguén quería probar e despois non deixaron nin a mostra, aquí tedes un resumo da xornada de cociña.


jueves, 23 de febrero de 2017

Entroido. Chulas de pan en leite

Chulas de pan en leite from bemilladoiro on Vimeo.

Con motivo da semana do Entroido, propuxemos unha actividade culinaria: As sobremesas da cociña tradicional . Cada aula escolleu unha, buscouse a receita e fomos pasando pola aula de cociña para facela. Aquí tendes ao alumnado de 6º facendo esta receita moi pouco difundida pois pertence á tradición da cociña monacal e está prácticamente reducida á Mariña luguesa. Que aproveite!